Un ano máis chega Abelleira mariñeira, e xa son catro edicións. Esta festa que naceu coa botadura da buceta “A ostreira” ten xusta fama entre a xente das rias baixas do norte, porque o ambiente que crean os veciños de Abelleira e o lugar onde se celebra a festa son especiais.
Este ano os barcos sairán de Muros ás 12 de mañán do sábado 28 para ir a Abelleira, onde haberá comida e cea xunto con actuacións musicais e navegación pola tarde. Para participar na comida e cea é preciso reservar con antelación no teléfono 659.986.753