Aberta a inscrición de voluntariado no 15 Encontro

Xa está aberto o prazo de insicrición para colaborar coa organización do 15 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que terá lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto deste ano.

Para realizar a inscrición simplemente é necesario encher o formulario habilitado pola organización.

Como en cada edición do Encontro, mobilizaranse perto dun cento de persoas voluntarias, con especial presenza de mozas e mozos, que tanto no mar como en terra vivirán desde dentro esta experiencia, permitindo aos milleiros de asistentes que esperamos desfrutar do evento nas mellores condicións. As tarefas nas que é posible colaborar son do máis diverso e adaptadas a todos os perfís.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *