A Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros ven de publicar na súa conta de Facebook toda a información relativa ao VII Gran Premio Embarcacións Tradicionais, organizado xunto ao Club Marítimo de Perbes e o Concello de Miño.
A regata, que será puntuable para a Copa Balbina 2020, terá lugar o próximo sábado 15 de agosto en Perbes e consistirá en dúas mangas puntuables. A primeira, con saída prevista para as 17:00, consistirá nun barlovento-sotavento e a segunda, a continuación, nun triángulo bolina-través-popa. En ambas probas realizaráns dúas voltas ao percorrido marcado.
As embarcacións participantes disporán de fondeo para os días circundantes e as tripulacións recibirán unha ración de comida e bebida ao finalizar a competición.
Para participar, é imprescindible a inscrición previa, enviando nome da embarcación e número de tripulantes ao correo electrónico clubmaritimoperbes@gmail.com ou mediante WhatsApp ao número 629641991.