
Recentemente activamos o formulario de inscrición de embarcacións para o 15º Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto deste ano.
Na páxina web do Encontro xa podedes botar unha ollada á primeira ducia de embarcacións que confirmaron a súa presenza. Número que irá incrementando a medida que colectivos e particulares vaian completando as súas inscricións.
En anteriores edicións do Encontro superamos folgadamente o cento de embarcacións participantes, que atraíron centos de tripulantes e milleiros de visitantes. A pesar das incertas circunstancias que enfrentamos este ano, esperamos un resultado igual de exitoso.