Aberto o web do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O Freixo – Outes 2013

Xa está ao publico o web do XI Encontro. Neste momento xa é posible inscribir barcos para participar no Encontro. A información sobre o Encontro que polo de agora é limitada irase completando conforme se vaia confirmando.

A durmida dos tripulantes será en colchonetas dentro dunha carpa, que contará con duchas e aseos, e que vai estar situada no antigo campo de fútbol do Freixo, moi preto do porto. Tamén se habilitará unha zona de acampada e outra para caravanas. A manutención dos participantes será como en anteriores Encontros pero polo momento non é posible concretar o prezo. Máis adiante armarase un procedemento para que os participantes que queiran comer na carpa-comedor poidan apuntarse e coller os seus tickets.

Sabemos que hai moita ansia por inscribir os barcos e igual non é necesario dicilo pero ainda así queremos animar a todos a facer a inscrición o antes posible para ir preparando a listaxe de atraques.