Abre o Arquivo da Pesca de Caión

En Caión acaba de inaugurarse o Arquivo da Pesca, un proxecto de recuperación e conservación da cultura mariñeira da vila promovido pola Confraría de Pescadores de Caión e dirixido por Marcos Amado. O proxecto inclue a rehabilitación do local, a organización e posta en valor do fondo documental da Confraría, e a creación dunha exposición sobre o sector pesqueiro de Caión.

Nace pois un recurso máis para o coñecemento da nosa cultura marítima, que vai axudar a que se valore o oficio do mariñeiro e a súa importancia no desenvolvemento pasado e futuro da localidade. Para quen non o saiba, Caión foi porto baleeiro nos séculos XVI e XVII (na exposición pode verse unha vértebra de balea do XVI atopada no muro dunha casa), e chegou a ter 17 tarrafas do cerco, ainda que hoxe predominan as pequenas embarcacións dos percebeiros.

A Noticia en Chiri.es