Actividades de Agabace para o 2012

A Asociación Galega de Barcos Clásicos e de Época, Agabace, acaba de facer público no seu sitio web o seu calendario de actividades para o ano 2012 onde hai neste momento 18 eventos previstos.

No seu web hai tamén información sobre barcos clásicos galegos, neste momento sobre as dornas nai e a dorna Sara, pero que se vai ir completando con información doutros barcos.