Actividades de Barcas do Minho


Os amigos de Barcas do Minho, están a levar adiante moitas e moi interesantes actividades.
Indo da máis lonxana á máis recente, a finais do pasado 2008 editaron o libro Da fisga á chumbeira. Guía das artes de pesca fluvial, con texto de X.M. Vázquez e ilustracións de Cristina Ouro, e na que se describen unha vintena de aparellos de pesca no rio.
De decembro de 2008 a febreiro de 2009 realizaron un carocho, encargándose da construción a familia Marrocos de Lanhelas.
E neste momento están a levar adiante un proxecto de construción de catro barcas de rio, do tipo de recollida de area no rio Ulla, destinadas ao Couto de Ximonde e á Ponte Ulla, no concello de Vedra, e que serán construidas por Triñanes, en Boiro.
No web de Barcas do Minho poderedes atopar máis información sobre estas e outras actividades e a forma de contactar con esta asociación.

3 cometarios sobre “Actividades de Barcas do Minho

  1. Vaia berza a miña! Xa vin no enlace de Barcas do Minho que é o Concello de Vedra quen fixo o encargo.

  2. Parabens a Barcas do Minho, si alguén esta a facer un traballo de calidade, con esforzo e poderío sodes vos. Non sempre se valora esto, por eso esta ben recordalo, e por certo unha fermosa web.

    Sorro

Comments are closed.