A organización do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia-A Guarda 2019, que se celebrará entre o 11 e o 14 de xullo, avanza a bo ritmo na programación das actividades en mar e terra.
Asemade, desde hai un tempo véñense realizando na contorna diversas actividades previas arredor da cultura marítima: accións diversas en centros escolares ou visitas á construcción nun estaleiro local dunha réplica do “volanteiro”, embarcación tradicional característica das poboacións mariñeiras de ambas beiras do río Miño, que recibirá o bautismo de mar no propio Encontro. O concerto que aquí anunciamos para o próximo día 7 de abril é o primeiro da gran festa da cultura mariñeira que terá as súas xornadas centrais desde o 11 ata o 14 de xullo.