Vigo Pesqueiro estará presente na segunda edición do festival Vigo SeaFest, que se celebrará na Zona do Náutico de Vigo os próximos 5,6,7 e 8 de xullo.
O festival Vigo SeaFest, Festival ARVI do Peixe, reafirma a Vigo como capital europea da pesca. A cociña de autor, baseada en produtos do mar, e representada por un elenco de 18 chefs galegos, é o epicentro dun evento que satisfai o lecer de toda a familia, cunha ampla programación de showcookings, concertos diúrnos e nocturnos, talleres familiares, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de animación rueira, ademais dunha gran área de exposición onde se dá cita o complexo mar-pesca.
Achegamos calendario de actividades de balde de Vigo Pesqueiro no Vigo SeaFest e vos convidamos a reservar as vosas prazas o máis cedo posible!
PRAZAS LIMITADAS!
Será precisa inscrición previa e confirmación das vosas prazas co envío dos datos persoais dos participantes (nome, apelidos, DNI), xunto cun teléfono de contacto a info@vigopesqueiro.com
Máis información e inscricións:
info@vigopesqueiro.com