Vigo Pesqueiro presenta a súa axenda para xullo

Programa Vigo PesqueiroA actividade de Vigo Pesqueiro volta neste mes de xullo con rutas guiadas polos enclaves marítimos da cidade olívica.

A partir do día 10 e durante o resto do mes, convídannos a coñecer pasado e presente da actividade pesqueira viguesa percorrendo algúns dos seus lugares máis emblemáticos, desde os asentamentos castrexos até as modernas instalacións portuarias.

As actividades repártense entre os venres ás 19:00 e os sábados ás 11:00. Todas elas están abertas a todos os públicos e respectarán as medidas de protección que os tempos esixen.

Se queres máis información sobre a iniciativa, animámoste a visitar a súa páxina web ou as súas contas de Facebook, Twitter ou Instagram.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *