Actualizacións na axenda de actividades

Rumbo Ártabro 2019As especiais circunstancias do momento obrigan ás entidades federadas en Culturmar a revisar as súas programacións diariamente.

Por desgraza, os organizadores da II Travesía Rumbo Ártabro tiveron que decidir a cancelación do evento. Esperamos que máis cedo que tarde volte esta potente iniciativa da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros, Club do Mar Ferrol, Club Marítimo de Perbes, Club Náutico de Ares e Porta da Vila.

Pero como non todo van ser malas novas, temos xa data para a primeira regata da XII Copa Balbina de Embarcacións Tradicionais a Vela, organizada tamén polos Patexeiros. A proba celebrarase o próximo 15 de agosto e a competición continuará o 5 de setembro coa segunda regata.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.