A crise sanitaria en curso obrigou aos colectivos federados en Culturmar a extremar a prudencia á hora de planificar o seu calendario de actividades.
Desafortunadamente moitas das concentracións e regatas que veñen celebrándose ano a ano non poderán ser realizadas neste verán de incertidume.
Non obstante son tamén moitas as actividades que capearán o temporal e se levarán a cabo, iso sí, coas maiores medidas de precaución acordes ás recomendacións das autoridades sanitarias.
Xa podes consultar o calendario de actividades que polo momento manteñen a súa convocatoria. Advertimos que calquera mudanza nas políticas de control da pandemia pode afectar ao desenvolvemento das mesmas. Por tanto, convidámoste a manter a atención ante posibles cancelacións e a entrar en contacto co colectivo organizador para coñecer as circunstancias especiais que podan aplicarse.