Actualizamos o calendario de actividades

Acabamos de actualizar na nosa páxina web o calendario de actividades para este 2021.

Logo dun ano practicamente no dique seco por mor das restriccións sanitarias, os nosos colectivos retoman con forza a iniciativa. Coa esperanza de que a evolución da pandemia permita acometer a programación en condicións de seguridade.

Regatas, xuntanzas, formacións, roteiros, travesías e outras actividades diversas conforman este calendario que, sen alcanzar aínda ao de anos anteriores, demostra que a vitalidade e enerxias do tecido asociativo que defende a cultura marítima e fluvial mantéñense intactas.

O evento central que centra todas as expectativas é a 15ª edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que este ano terá lugar en Moaña entre o 5 e o 8 de agosto.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *