Hoxe temos que lamentar a desaparición do pantalán de Porto Miau, que permitiu durante os últimos 20 anos que un bo número de persoas con diversidade funcional puidesen desfrutar da náutica, da man das asociacións Sodináutica e Asodiña, integrantes da familia de Culturmar. Esperamos que nun futuro próximo sexa posíbel contar de novo cunha instalación adecuada a esta práctica, que contribúa de xeito singular a eliminar barreiras. Enviamos desde aquí unha mensaxe de ánimo a estes colectivos e un saúdo mariñeiro.
Neste blog podedes coñecer máis sobre o Porto Miau: https://puertomiau.blogspot.com/