Afunde o galeón El Temido camiño de Muros

Onte, ás 14:00 o galeón de Cangas El Temido sufríu unha vía de agua e afundíu a unha milla de Ribeira mentras viña camiño de Muros para participar no Encontro. Por sorte a tripulación atópase ben a pesar de permanecer no mar ata que foron rescatados.
Unha vez dada a alarma e mobilizados os medios de rescate foi o catamarán Zamous Gos quen os sacou do mar e logo transbordaron ao pesqueiro Magdalena quen os levou a Aguiño.
A FGCMF e o Comité Organizador do IX Encontro lamentan profundamente este incidente, e agradecen a todas as persoas e institucións a axuda prestada no rescate.
Máis información no Faro de Vigo