Agalcari, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, é unha das candidaturas finalistas para o Premio Nacional de Artesanía na modalidade Premio Promociona para Entidades Privadas. O gañador coñecerase no acto de entrega na primavera de 2014.
Desde a FGCMF queremos felicitar a Agalcari por manter viva a tradición da carpintería de ribeira, por buscar vías de innovación na construción naval en madeira, e por todo o traballo feito para conseguir a viabilidade do sector como industria con pleno sentido produtivo e comercial.
(Imaxe Agalcari)