O vindeiro venres 18 de outubro ás 20:30 h no Museo Massó vaise presentar o libro Alá no medio do mar. A comunidade da Illa de Ons, escrito por Staffan Mörling e Josefa Otero.
O libro e un estudio antropolóxico cultural da xente da Illa de Ons nos anos 60, encargado polo Parque Nacional das Illas Atlánticas. O patrimonio inmaterial é un dos valores principais das illas do Parque, e este patrimonio de Ons está recollido neste libro na historia da vida cotián en imaxes comentadas polos autores.
Esta presentación está feita en colaboración coa Librería Abrente de Bueu.