Andando a costa

O vindeiro domingo 9 de marzo os Patexeiros organizan unha Andaina costeira entre Santa Cristina e Mera (Concello de Oleiros). A zona que se vai percorrer está moi próxima á Coruña pero ten pequenos currunchos poucos coñecidos. A participación é gratuita, pero é preciso avisar para que os organizadores fagan unha previsión das necesidades loxísticas. Esta non é a primeira vez que organizan algo similar, anteriormente fixeran rutas no Cabo Prior ou Malpica.