Andimar. Fotos de barcos de ayer y hoy

[img_assist|nid=16541|title=|desc=|link=popup|align=none|width=500|height=323]

Andimar é un sitio web onde se poden compartir fotos de barcos. Neste momento a web ten 6704 fotografias de barcos de todo tipo e bandeira, sendo maioritarios os cargueiros antiguos.

Este sitio ademais de pola calidade e cantidade das súas fotos destaca por dúas cousas: os comentarios que enriquecen as fotos, e que permiten que moitas persoas lembren os anos de traballo a bordo destes barcos; e a licencia Creative Commons para poder usar as fotos e informacións noutros sitios, cousa pouco común.

Neste web hai pequenos tesouros, por exemplo a foto de arriba, de T. Diedrich, mostrando o arrastreiro Ciudad de la Coruña en 1966, o que posiblemente sexa un dos primeiros arrastreiros por popa de España. Foi construído en Astilleros del Cantábrico, matriculado en Gijón e bautizado o 6 de agosto de 1963 na Coruña, para o armador Ramón Casal. Este barco, orixinariamente pintado de blanco, incorporaba piloto automático e o sistema Unigan de pórtico mobil.

2 cometarios sobre “Andimar. Fotos de barcos de ayer y hoy

Comments are closed.