Anúlase a VII Regata do Sepelo por mor da previsión de pouco vento. Este é o comunicado de Amigos da Dorna de Portonovo:
Boas compañeir@s,
Antes de nada queremos pedir desculpas pola molestia que supón andar a cambiar de parecer con tan pouca antelación, pero dende onte (cando os partes de tempo anunciaban uns 6-8 nudos de vento para mañá na ría de Pontevedra) e hoxe (que xa pronostican 4-5) tivemos que tomar a decisión de cancelar definitivamente a VII Regata do Sepelo. Tendo en conta a altura do ano na que estamos, despois dun verán cheo de eventos, non queremos forzar a organización dunha regata que a todas luces, segundo o que hoxe sabemos, non se vai poder celebrar.
Sen máis, desculpade o cambio.