Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022
‘Ao mar, madeira’ é o título dunha publicación dixital destinada ao público infantil de 6 anos ou máis. A publicación, editada por Culturmar, xira arredor das embarcacións tradicionais de Galicia e do mundo do mar. Contén actividades de carácter didáctico que, con propostas prácticas, pretenden dar a coñecer a gran riqueza da nosa frota tradicional e os oficios asociados a ela. Estas actividades poden elaborarse con material de refugallo, sostible e de doado acceso.
O título é un antigo refrán que recomenda darlle a cada cousa o que funciona ben nela (no caso do mar, a madeira). O proceso creativo foi dirixido por Ana Seoane co asesoramento técnico de Culturmar.
Nesta ligazón podes ler e descargar o libro: