Aparecen áncoras líticas no Vicedo

Mariña Patrimonio, ven de comunicar ás autoridades que na praia de San Román, no Vicedo (Lugo), por mor dos movementos de terras causados polos temporais apareceron dúas áncoras líticas e abundantes restos de silex que parece eran usados como lastre e que é un material moi escaso no territorio galego.
A zona forma parte dun sitio arqueolóxico ainda sen excavar, os Moutillós, sobre o que hai unha certa polémica porque hai teorías que pensan que poida ser unha fortificación do tipo Motte and Bailey, o que puidera estar relacionado cun hipotético asentamento viquingo ou normando, mentras que Patrimonio non ten ese punto de vista.

Album de fotos dos achados

Sobre áncoras líticas é interesante ler o artigo de Ana Mª Benito Domínguez Aproximación a la historia de las anclas líticas a partir de las recuperadas en la costa gipuzkoana, para ter unha visión de conxunto sobre o tema.

(Imaxe Mariña Patrimonio)