A FGCMF acordou na pasada asamblea apoiar formalmente a Candidatura da Torre de Hércules para Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
A candidatura, promovida polo Instituto de Estudios Torre de Hércules, está a recibir o apoio de grande número de institucións e particulares, e espérase que sexa escollida pola UNESCO a mediados do 2009.
Para saber algo máis da Torre, ademais da información suministrada polo Instituto, podedes consultar os resultados das excavacións feitas nos anos 1992-94, onde atoparedes unha recopilación das imaxes conservadas da torre ao longo da historia.
(Imaxe tomada do Dpto. de Composición. UDC)