O Pleno do Concello de Ferrol ven de aprobar por unanimidade unha moción para apoiar a presentación da enmenda á «Ley General de Navegación Marítima». A iniciativa partiu do Clube do Mar de Ferrol, e un representante do Clube tivo a posibilidade defender á proposta no pleno gracias ao regulamento de participación cidadá do que gozan os ferroláns.
Tamén no Concello de Sanxenxo se aprobou por unanimidade apoiar a enmenda, a iniciativa de Amigos da Dorna de Portonovo.