Xa se pode acceder aos pdfs do número 6 de Ardentía, o penúltimo número editado, como fixemos con anteriores números.
Atoparedes artigos sobre o Encontro de Carril, Cortegada, Arousa, Ons, illas do norte, e as insuas dos rios. Tamén sobre a Plataforma para o estatuto jurídico das embarcações históricas e tradicionais, sobre o Salgueirón e o conflito que mantén o pobo de Cangas en defensa do seu patrimonio, sobre a historia do porto de San Cibrao, sobre os naseiros do Grove que andaban á langosta, sobre o asociacionismo mariñeiro en Sada, e sobre o inventor dos casulos para iscar as nasas. Ademais dunha crónica sobre Muros e a sección Sino de proa con recensións de libros publicados desde a saída do número 5 de Ardentía.