Ardentía nº 5 en pdf

Xa está accesible en pdf o número 5 de Ardentía. Como se fixo cos anteriores números, poñemos a disposición de todos o penúltimo número editado. As imaxes están en baixa resolución, pero lembrámos que ainda é posible mercar exemplares en papel.

Este número está adicado a Muros e fai un repaso do sucedido en Ferrol e Brest. Hai artigos sobre Muros, sobre o IX Encontro e sobre ao patrimonio muradán (incluido un documento gráfico inédito sobre os barcos e artes de pesca de Muros no XIX), sobre o VIII Encontro (Ferrol 2007), sobre Brest08, eventos nos que participou ou organizou a FGCMF desde a publicación do ultimo número de Ardentía (o 4), e logo hai artigos sobre Raxó no 1951 acompañado de fotografias en cor dese ano, sobre os pailebotes no comercio de cabotaxe acompañado de fotos de Juan Cancelo, sobre o uso do xeito no Grove, sobre a pesca fluvial, sobre a vida do ultimo arpoeiro galego, sobre o mar na obra e na vida de Ramón Cabanillas, e as seccións xa fixas de Letras na almadraba cun conto de Losada Diéguez, Pintores do mar sobre Abelardo Miguel, e Sino de proa coa recensión de literatura relacionada co mar.