Arear o peixe

Francisco Fernández Rei, membro do Grupo Etnográfico Mascato e do consello de redacción de Nova Ardentía acaba de publicar o artigo “Arear o peixe antes de cociñalo: textos da cultura mariñeira de Fefiñáns (ría da Arousa)”, no volume Arredol d’a parola: conoxer, amar, esfender l’aragonés. Treballos en omenache a Francho Nagore e Chesús Vázquez.

O autor ofrece unhas notas sobre salgar en libros de cociña galega, a seguir realiza unhas calas sobre arear no litoral galego e, finalmente, presenta textos de Fefiñáns sobre a maneira de arear e cociñar algúns peixes e unha receita da allada mariñeira para o peixe en caldeirada.

O texto pode ser consultado en PDF na seguinte ligazón.