Arquivo Audiovisual do Mar de Galicia. Presentación

O Arquivo Audiovisual do Mar de Galicia é unha nova iniciativa do Museo do Mar de Galicia que pretende recoller os testemuños da xente que foi protagonista de traballos relacionados co noso patrimonio marítimo.
Neste caso preséntase no Salón de Plenos do Concello de Vilanova de Arousa o vindeiro día 26 de novembro ás 20:00 h o documental Memorias da Salazón, que recolle entrevistas con xente que ata hai moi pouco tempo traballaba nunha salazón de peixe. Arriba tendes un trailer do documental.

A este primeiro documental seguiralle Bueu, unha bota de altura, sobre a fábrica de botas Bueu, na vila do mesmo nome, que se presentará no Centro Social do Mar de Bueu o día 27 de novembro ás 20:00 h e do que este é o trailer:

Un comentario sobre “Arquivo Audiovisual do Mar de Galicia. Presentación

  1. Parabens o Museo, poiden asistir a presentación en Vilanova o do Salazón e sin aspamientos, dun xeito familiar, didactico e ameno transcurreu “nun vuelo” o documental, do que Rafa Vilas (da productora) comentou “non é o gran documental sobre o salazón que Galicia precisa”, pero ainda así repito PARABENS!! as partes, da gusto velo.

Comments are closed.