Artes de pesca. Manuel Ferrol

Todos coñecemos a famosa fotografía que simboliza a emigración galega, a do neno e o pai chorando no porto da Coruña mentras despiden o barco Juan de Garay. Esa foto foi feita por Manuel Ferrol, fillo de torreiro e grande fotógrafo.
Na Rede hai unha web adicada a Manuel Ferrol, onde poderedes ver algunhas das súas fotografías agrupadas temáticamente, e entre elas duas series, unha sobre dornas e outra sobre artes de pesca, da que está sacada a foto de arriba.
Nesa web hai moita información sobre o seu traballo e sobre a súa interesante biografía.

Un comentario sobre “Artes de pesca. Manuel Ferrol

Comments are closed.