As colareiras do Grove. Libro

Nun acto organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, hoxe venres, 25 de xuño, ás 20.30 h. na Aula de Cultura Ponte
de Rosas (Avda da Feira, 10 Gondomar) terá lugar a presentación do libro As colareiras do Grove de Patricia Arias e Antón Mascato, na que participaran os autores, o editor Miguel Muñíz, de Todogrove Edicions; Xosé Lois Vilar Pedreira, subdirector do IEM e os irmáns Serafín, Enrique e
Amparo Lorenzo Fernández, que foron os propietarios de Industrias Nacamar de Sabarís, Baiona.

No libro inclúese un capítulo sobre a historia de Industrias Nacamar, fundada en 1946 en Sabarís por Serafín Lorenzo e Amparo Fernández. A partir dun negocio orixinario adicado á venda de xoias e reloxos, a familia Lorenzo Fernández creou unha fábrica de obxectos decorativos que usaba as cunchas como materia prima fundamental.