Por cuarto ano as dornas subiron o Ulla e o Sar ata Padrón. Organizada pola Fundación Rosalía e a ACD Dorna “Que inchadiña branca vela” volveu levar 12 dornas ao Espolón de Padrón para render homenaxe á Rosalía de Castro.
As imaxes das dornas volveron lembrar os versos de Rosalía:
¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
“Palomiña, ¡voa!, ¡voa!”Faille arrolo a branda ría
cun remanso mormuxante,
que nás da arboleda umbría
baixo un toldo de alegría,
ó calor dun sol amante.
A subida polo río permite ver imaxes moi fermosas e pouco frecuentes das dornas entre as xunqueiras ou os bosques pero tamén permite ver navegar unha dorna coa vela á cruz. Neste caso, xa no regreso, na dorna en segundo plano ademais da vela á cruz o pau foi sustituído pola vara de portar para poder pasar baixo das pontes sen ter que desaparellar a dorna e o timón por un remo para reducir o calado.
Agradecémoslle a José Manuel Rodríguez que nos facilitase as imaxes.
Que fermoso…
A próxima non falto!!!
Saúdos e noraboa os organizadores, participantes e fotógrafo.