As pequenas bisquines de Cancale e St-Malo

No sitio web Histoire maritime de Bretagne Nord publicouse recentemente un artigo sobre Les petites bisquines de Cancale et de St-Malo (As pequenas bisquines de Cancale e St-Malo). Como sempre no caso deste sitio web o traballo é moi interesante e sobre todo ten unhas fermosas imaxes de finais do século XIX e principios do século XX. Recomendamos ver a versión en pdf porque as imaxes están a maior resolución.

As bisquines son barcos da zona norte da Bretaña que aparellaban velas ao terzo en dous ou tres paus. Actualmente hai dúas réplicas navegando, a Cancalaise e a Grandvillaise

A imaxe de arriba corresponde a unha bisquine de preto de 8 metros de eslora que navega cun ris collido. Chama a atención o parecido do aparello cos dos galeóns de Pontevedra debuxados por Monleón, dos que temos falado anteriormente.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *