O luns quedaron varadas na praia de Carril as primeiras dornas chegadas para participar no X Encontro. A previsión de ventos fortes do norte aconsellaron adiantar a travesía que tiña prevista a ACD Dorna para o xoves.
Hai moitos anos que a praia de Carril non tiña tantos barcos varados, e ainda faltan máis de doble por chegar, esta é unha estampa que se vai poder ver todos os días do X Encontro.