Asemblea Xeral Ordinaria, en Moaña

Asteleiros en Moaña. Fotos: Gonzalo Núñez

Lembrámosvos que este sábado 15 de novembro ás 17.00 h celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da FGCMF, pero con un cambio de localización, xa que terá lugar no Estaleiro “Casqueiro” en Moaña, na Avda. Concepción Arenal,24 (ó lado da Casa do Mar) como acto que amose a oposición da Federación ó actual proxecto do Concello de Moaña relativo ó paseo marítimo que, como xa sabedes, implica prácticamente o derrubo de dúas carpinterías de Ribeira que aínda se conservan no centro da vila.
Ese mesmo día ás 12.30 haberá unha rolda de prensa así como unha visita os estaleiros de Casqueiro e Carlagho a partires das 16.00 horas, actos aos que poderán asisitir as persoas que así o desexen.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.