Mañá venres 12 vaise inaugurar na ETS de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña unha exposición de fotografias de barcos organizada pola Asociación Gallega de Fotógrafos Navales (AGFN) e que estará aberta ata o 29 de xuño.
A AGFN creouse na Coruña o pasado mes de marzo e o seu obxectivo é promover actividades de interese cultural e social que sirvan para a promoción e difusión da fotografía naval no territorio galego en todas as súas vertentes.
Para saber dos traballos desta asociación pódese seguir o blog Cruceros en la ciudad de cristal ou o grupo de Facebook da AGFN, aberto a calquera persoa interesada na fotografía naval, socios ou non da AGFN.
(Imaxe: Azores na Coruña. Diego Veiga)