Mañán, 20 de abril ás 12:00 horas, vai ter lugar na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña a proxección do documental Astano: a forxa dun soño, dentro do I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego. O acto irá acompañado dunha charla-debate que contará coa presencia como relator de José María de Juan, enxeñeiro naval e profesor da UDC.