En 1915 Fernando Lagos Carsi creou Astilleros Lagos, 100 anos despois os seus descendentes seguen a construír e reparar barcos de madeira cunha calidade excepcional.
O pasado agosto fíxose a celebración oficial do centenario e agora a Familia Lagos pon a disposición de todos un fermoso vídeo que resume a interesante historia destes 100 anos. Unha oportunidade para coñecer os barcos deseñados e construídos por Astilleros Lagos e repasar a evolución da náutica de lecer no pasado século.
(Imaxe: lancha automobil de 1918. Arquivo Lagos)