Astilleros Nereo en perigo outra vez

La Opinión de Málaga publica que a Demarcación de Costas acaba de iniciar os trámites para recuperar a concesión das instalacións de Astilleros Nereo que caducan o 2018.

Xa faláramos hai dous anos do perigo que corría Nereo, e agora parece que arrecia o temporal. Volve plantexarse por parte da Demarcación de Costas e co apoio da Asociación de Veciños de Pedregalejo a eliminación dunha actividade “real” e a súa sustitución pola construción dun “museo”, para levar adiante un plan urbanístico.
Que a actividade do estaleiro estea incluida no Catálogo Xeral do Patrimonio Histórico Andaluz parece que non supón ningún impedimento para Costas.

Astilleros Nereo non se rende, pensan alegar contra a iniciativa da Demarcación de Costas, e piden que todos os interesados en protexer e transmitir aos novos a cultura marítima malagueña manifesten o seu apoio á conservación do estaleiro como tal e na súa propia localización.

(Foto Gregorio Torres)