Mañá venres 22 de abril ás 20:30 h na Aula de Cultura Ponte de Rosas ( Avda. da Feira,10- Gondomar), Begoña Bas López, etnógrafa e profesora da Universidade da Coruña, impartirá o faladoiro “Auga para a vida. Unha visión dende a etnografía”, dentro do ciclo “Auga e territorio” que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. O obxectivo deste ciclo é amosar una visión xeral de como a auga ao longo de milleiros de anos foi conformando a paisaxe, e de como o home loitou para domala e utilizala tirándolle proveito de moi diversos xeitos.
Begoña Bas ten publicado moito sobre arquitectura popular de Galicia especialmente sobre construcións relacionadas coa auga como pontes, muíños de río ou muíños de maré.