Onte sábado reuniuse a Comisión do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O programa case está pechado por completo, á espera de detalles finais que se conta ter listos esta semana que entra, polo que xa pronto se fará público.
As inscricións van a bo ritmo, e os preparativos iniciais xa comezaron. Os profesionais do mar están dispostos a colaborar liberando os seus atraques na dársena polo tempo necesario para deixarlle sitio aos barcos que asistan ao Encontro, polo que se vai facer un campo de fondeo para eles, o que permitirá que dentro da dársena atraquen ata 150 barcos de pequeno e mediano tamaño, e xa no muelle haberá liña de atraque para as grandes esloras.
Como novedades no mar neste Encontro vai haber regata de bucetas/canoas a remo, e regata vela-remo.
Tamén se confirma a presencia dunha exposición sobre o patrimonio marítimo da bisbarra de Muros, e outras de temática relacionada co mar.
Vaise convocar un Encontro de blogueiros e afíns.
Haberá un espazo para que os nenos máis pequenos poidan xogar, atendidos por persoal cualificado, e varias actividades para os outros como faluchos, obradoiros, xogos tradicionais, etc.
Editarase un novo número de Ardentía.
Tamén haberá unha feira de artesanía e demostracións de elaboración de productos artesans.
Conforme se vaian pechando capítulos do programa iremos dando conta das novedades.