O pasado día 5 de febreiro tivo lugar no local do Gato Negro en Carril una xuntanza do Comité Organizador do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.Carril 2011.
Os grupos de traballo formados na xuntanza anterior presentaron os avances feitos e os programas provisionais de cada aspecto do Encontro.
Dentro de pouco estará activa a páxina web do Encontro, sobre a que tamén se falou nese momento, e aí se comunicarán as novidades que vaian aparecendo.
Neste momento xa podemos anunciar que o fin de semana antes do Encontro haberá en Vilaxoan unha “Xornada previa” e onde se lle dará a benvida aos barcos que chegarán antes do inicio do Encontro.
Tamén está previsto que haxa visitas guiadas a Cortegada, con prazas limitadas, das que se anunciarán as datas e horarios con tempo suficiente para que os interesados se poidan apuntar.
A noticia no Faro de Vigo o domingo e o luns