Barcaños e faluchos

Quen estivo en Carril no X Encontro puido ver as regatas de barcaños, arriba na foto, que son unha especie de artesa onde se botaba o mexillón despois de cocelo. Eran principalmente cousa de nenos.
Pero en Bouzas hai regatas de faluchos, que ainda que son de nenos tamén son de maiores, como podedes ver na foto de abaixo, sacada o pasado sábado, e na foto de mais abaixo, sacada hai 70 anos. Hai constancia destas regatas polos anos vinte. A partir dos anos 60 perdéronse e foi en 1991 cando se recuperaron e dende entón véñense realizando initerrumpidamente ata o día de hoxe.

Noutros portos hai ou houbo regatas doutras pequenas embarcacións, xa sexa auxiliares, usando algún recipiente ou creandoas exprofeso para regatear. Agradeceríamos calquera información sobre este tipo de regatas.

Fotos
Barcaño: Boudevara
Falucho 2011: Braulio Puga