Barcos ao mar

Nestes días algúns dos nosos barcos, logo dos traballos invernais en terra van para o mar. A xeiteira Nova Marina, a dorna de tope Peza de rabo, ambas da ACD Dorna, e a dorna xeiteira Falucheira dos Mariñeiros de Bouzas son algúns destes barcos, pero hai moitas pequenas dornas, botes e gamelas que coa chegada de maio volven ao mar para empezar a tempada de navegación inda que o tempo no axuda moito esta fin de semana.
Na foto de arriba a Peza de rabo esperando para ir ao mar