Barcos de Cartagena en Muros


Xa están apuntados varios barcos de Cartagena para o IX Encontro. Non é a primeira vez que nos visitan, na foto de arriba podedes ver un dos barcos do Club Náutico Santa Lucía, de Cartagena, saindo do muelle de Cambados durante o VII Encontro.
Recomendámosvos que usedes o formulario de inscrición do web do IX Encontro, porque desa forma evítanse problemas de prazas de aloxamento e facilítase o traballo dos organizadores.
Lembrar tamén que a inscrición no Encontro da dereito a aloxamento gratuito no pavillón de Muros, e pagando 20 euros podedes ter comida e cea os catro días do Encontro.

Un comentario sobre “Barcos de Cartagena en Muros

  1. Iniciouse contacto con eles en Barcelona, durante o das “Velas pola Paz” (2.004) no que participamos, así como con xentes das Baleares. Logo de esa a súa presencia en Galicia ben a ser continuada: Cambados 2005, Ferrol 07 e agora Muros 09, teñen uns botes fermosos, moi fermosos e son tremendamente competitivos, sorprende a coordinacón de todolos tripulantes na maniobra, pois son barcos relativamente pequenos e moven pesos e posicións, todo un espectaculo, sempre lembrarei en Cambados, cando ninguén podía navegar, eles no peirao fixeron as súas maniobras.

    F. Piñeiro

Comments are closed.