Da man da Forbundet KYSTEN (a Federación Costeira Norueguesa) chéganos este filme documental que nos achega á carpintaria de ribeira tradicional e a súa salvagarda.
Reproducimos a seguir unha parte da descrición que acompaña ao filme, que pode ser visualizado en Youtube.
En “The Boat Builders” podemos seguir a tres xóvenes carpinteiras e carpinteiro de ribeira e aos seus mestres traballando en tres lugares diferentes da costa norueguesa. Carpinteiros novos e vellos falan do oficio, a tradición e a transferencia de coñecemento ás novas xeracións. Os barcos son sólidos – pero o coñecemento é fráxil. Xa non quedan moitos carpinteiros de ribeira tradicionais. Aqueles que conservan este coñecemento xestionan un patrimonio cultural vivo que se remonta á era vikinga.