O día 16 de maio ás 19,30 presentarase na libraría Cronopios de Pontevedra (r. Frai Xoán de Navarrete nº5) o libro “Berros no roncar das ondas”, con fotografías de Xacobe Meléndrez Fassbender, poemas de Bernardino Graña e limiar de Xurxo Souto.
O libro forma parte dun proxecto artístico que ten unha parte de exposición na rua, de 16 lonas de 180 x 120 cm, que xa estivo en Carril con motivo do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e Rianxo, e que do 16 ao 30 de maio estará en Pontevedra, continuando despois o seu percorrido polas rúas de outras vilas galegas.
Ademáis, o 18 de maio ás 22,45h realizarase unha proxección baseada nese traballo no C.G.A.C no especetáculo de música contemporánea «A inspiración da luz» de Vertixe Sonora Ensemble.