Hoxe temos que lamentar con enorme pesar o falecemento da nosa compañeira Marta Souto, tripulante destacada da vela tradicional galega, que onte tomou outro rumbo.
Marta foi, desde o seu excelente labor á cabeza da Secretaría Xeral para o Deporte, mais tamén desde o seu compromiso e amor pola cultura, pola inclusión e pola tradición, unha das mellores valedoras de Culturmar, materializada de maneira especial na expedición ao Festival Marítimo de Brest, no que Galicia foi país convidado de honra en 2008. Alí estivo a importante delegación galega, capitaneada pola propia Marta.
Boa singradura, querida Marta, e que os ventos che sexan favorábeis.