Nos últimos meses estívose traballando no deseño dun novo web, que substituise e mellorara á anterior versión, que tan boa función leva feito.
Deste xeito, publicase un web cun deseño máis actual, coas mesmas funcións que resultaban utiles na anterior versión, e con outras engadidas, como a posibilidade de visualizar as exposicións así como as diferentes publicacións, e tamén acceder á unha base de datos onde se mostran tódalas embarcacións rexistradas dentro dos colectivos membros de Culturmar (función aínda non dispoñible). Outra novidade é que o web está programado para ser visualizado dende dispositivos móbiles.
Actualmente o web está publicado pero non rematado, xa que está en período de obras/probas polo que nas vindeiras semanas irá aumentando en contidos e mudando ata conseguir o aspecto e as funcións desexadas. En calquera caso, existe a posibilidade de que nos fagades chegar as vosas impresións e tamén os erros que poideses detectar ao correo fgcmf@culturmar.org