Botadura da Lavanqueira

[img_assist|nid=10324|title=|desc=|link=none|align=none|width=380|height=219] O vindeiro sábado 9 de maio ás 17:00 horas, no Estaleiro de Manuel Mougan, na praia de Riasón da Illa de Arousa, vai ter lugar a botadura da Lavanqueira.
Esta dorna de máis de 7 metros pertence á A.C.D.X. Fasquía, e é a segunda dunha serie de dornas de tope construidas cos mesmos planos (a outra é a Peza de Rabo), o que permitirá facer regatas entre barcos parellos.
Parabéns aos amigos de Fasquía, e bo vento para a Lavanqueira.